Todo é moi fabuloso
misterioso e soñador
e quero ir contigo
a esta viaxe estraña
e moi lonxana


Debes vivir ben esperto
non mirar nunca atrás
so así loitando
poderás triunfar


Levanta os ollos, mírame
se queres que te queira
será tan forte o noso amor
que nos dará valor


Quero vivir aventuras
quero vivilas aquí
por que sei que ti
tamén o queres así


Ti tamén queres amor
e alegralo corazón
pero para conseguilo
terás que loitar

Xa sei que o fas por min
por que queres ter amor
pero se estás lonxe de min
pensa que coa túa ausencia
non podo vivir


[Menú letras]